Do 13 de setembro ao 15 de decembro de 2013*, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 7º OUTONO GASTRONÓMICO, patrocinado por Turgalicia.
Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para esta ocasión. Nesta web podes consultar todos os menús e as casas de turismo rural participantes nesta promoción.
A oferta do “Menú Outono gastronómico” inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños de denominación de orixe galega ou outras bebidas polo prezo global de 30 €/persoa (ive incluído).
Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que permite degustar o menú outono gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do seguinte día dentro da oferta.

O paquete componse de:
- 1 menú outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres ou sábado a escoller). O prezo é de 110 € /2 persoas en cuarto dobre ou de 70 €/1 persoa en cuarto individual (ive incluído).
Pero a mellor opción é a oferta completa da “Fin de semana Outono Gastronómico”.
Neste caso inclúe:
- 2 menús outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e de sábado). O prezo é de 190 € /2 persoas en cuarto dobre ou de 130 €/1 persoa en cuarto individual (ive incluído).
Se queres compartir coa familia esta fin de semana tan especial podes apuntarte á oferta da “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” que inclúe dúas posibilidades:
- Familiar con 1 nen@ (ata 14 anos): 2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por nen@, aloxamento en cuarto dobre con cama supletoria (noites de venres e de sábado) e almorzos para toda a familia os dous días. O prezo é de 250 €, dous adultos + 1 nen@ (ive incluído).
- Familiar con 2 nen@s (ata 14 anos): 2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por cada nen@, aloxamento en dous cuartos dobres (noites de venres e de sábado) e almorzos para toda a familia os dous días. O prezo é de 290 €, 2 adultos e 2 nen@s (ive incluído).
*(Ofertas válidas en venres, sábados e domingos do 13 de setembro ao 15 de decembro de 2013, agás a fin de semana do 6-8 de decembro).
+ Información: 902 200 432
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.