Estas serán as preguntas que o PSde G de cambados vai formular no vindeiro pleno municipal.
2.- Vostede di textualmente nunha entrevista moi recente na Cadena Ser: “ É o momento dos servicios sociais” . Se este momento é tan importante para os servicios sociais, como se explica que Cambados estivese sen asistenta social e que os veciños tivesen que desplazarse, só para casos de extrema urxencia, a outros Concellos como Vilanova ou Ribadumia? Que pasa se non se poden desplazar a estes Concellos e a axuda requerida tiña que ser inmediata? Había algún mecanismo para resolver esta situación?
3.- Segundo vemos na prensa, Protección Civil de Cambados non recibe nada na partida da Consellería, destinada para este cometido para os municipios de menos de 55.000 habitantes. Todos os Concellos do noso entorno percibiron axuda, a qué se debe esta marxinación de Cambados? Fixo o vai facer algo o Concello de Cambados para impedir que Protección Civil de Cambados non perciba nin un só euro da Xunta para este ano e que non se cometa esta inxustiza? Pode, por favor, razoar a resposta?
4.- Os veciños da zona das Laxes, estaban molestos pola falta de alumbrado, xa está solventado o problema de alumeado nesa zona?
Pode, por favor, explicar a que se debeu esta falta de luz, así como a que se produciu durante o mes pasado en multitude de zonas de Cambados?
5.- O Concello anuncia en varias entrevistas a nova Plaza de Abastos. O proxecto xa está presentado? Onde se van a ubicar os comerciantes mentres se realizan as obras? Xa se lles comunicou ós interesados?
6.- Voltará a ser Cambados candidata á Cidade Europea do Viño 2017? Temos algún proxecto? Canto nos vai custar ós cambadeses? Cree que se fixo todo o que se podía? De verdade pensa que tivemos a repercusión que deberíamos ter tido?
7.- Este Concello defende ó Albariño aló por onde vai, e niso estamos de acordo. Para cando a mesma defensa dos viticultores que ven degradado o prezo da uva sen que desde este Concello se mova ningún fío para mellorar as súas condicións? Non se reúne coas asociacións de viticultores para escoitar as súas queixas? Vai intentar axudalos dalgunha maneira? Cómo ten pensado facelo?
Aparte de estas cuestións os socialistas cambadeses preguntan pola obra do cuartel da Garda Civil.
Presentada polo Psoe no ano 2010 unha proposta de arranxo do Cuartel da Garda Civil de Cambados, este Concello presentou a documentación con retraso e polo tanto foi rexeitada. Esta semana presentouse unha enmenda por parte do Psoe ós Presupostos Xerais do Estado para volver a solicitar novamente o arranxo do Cuartel, debido á situación ruinosa na que se encontra. Os senadores do Partido popular, votaron en contra deste arranxo, inclusive os senadores galegos, cal é o motivo polo que o Partido popular está en contra de arranxar o Cuartel da Garda Civil?
Se a resposta vai ser, non hai ningún motivo, por favor, explique a que se debe entón a forma de actuar nas dúas ocasións presentadas por parte do Psoe para facer o arranxo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.