ANOVA quere voltar a insistir en demandar do Alcalde e do equipo de goberno do Concello de Cambados explicacións detalladas sobre a obra que operarios municipais están a levar a cabo no lugar de Quintáns en Castrelo, consistente no ancheamento dun camiño que da acceso a varias fincas da zona, así como a vivenda - museo do escultor Manolo Paz. Na mencionada obra están a levarse a cabo movementos e compactación de terras así como talas de arbores.
Logo de que a semana pasa pasada o propio Alcalde nos contestara en prensa dicindo que "todo estaba en regra" e que nos remitiría a documentación correspondente, a día de hoxe seguimos a espera da mesma.
Onde si puidemos comprobar documentación foi na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra, comprobando como o Concello de Cambados solicitou permiso para asfaltar un camiño, e como medio ambiente non acepta o asfaltado, concedendo permiso unicamente para facelo con xabre.
Pero o máis curioso e comprobar como o mesmo día no que a Agrupación de ANOVA en Cambados pide explicacións públicas polas obras e presentamos os escritos no Concello e perante Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, advertindo das obras e da tala de arbores, ese mesmo día o Concello de Cambados solicita por escrito a tala das arbores, CANDO XA ESTABAN CORTADAS.
Ese e o xeito de actuar dun Concello??. A institución que debe velar pola legalidade urbanística, que lle esixe aos veciños permisos e documentación en regra, actúa coa política de xeitos consumados "primeiro cortamos as arbores e logo cando alguén denuncia, corremos a pedir o permiso". Para máis detalles o permiso solicitado e para a tala de 8 arbores (3 Eucaliptos e 5 Piñeiros) cando por exemplo, constan mais de 30 Piñeiros cortados en Medio Ambiente. Ademais de constar no informe a tala de Eucaliptos, e tamén Carballos e Salgueiros, que nunca contarían co permiso de Medio Ambiente para a súa tala, xa que trátanse de arbores autóctonos e ademais de tratarse dunha zona na se atopa unha masa Salgueiral escasísima na Zona de Protección Medioambiental e polo tanto unica, como así no lo trasladaron dende a delegación de Medio Ambiente. En ANOVA temos coñecemento da apertura dun expediente sancionador por parte de Medio Ambiente contra o Concello de Cambados por esta actuación.
A maiores desta cuestión de Medio Ambiente, hai que indicar tamén que esta actuación non estaría permitida tampouco pola propia Ordenanza municipal en vigor do PXOM de Cambados que regula estes terreos, e que prohibe expresamente nas zonas de arborado inmediatas a costa a tala de arbores Ordenanza 12, apartado 4 de Conservación Protección de costas, praias e elementos costeiros.
E por todo isto polo que dende ANOVA - Cambados queremos voltar a esixir a paralización das obras mentres non se resolva o expediente sancionador e se aclare se esta actuación cumpre coa normativa urbanística en vigor e a legalidade vixente.
Finalmente, sobre as declaracións de Luís Aragunde si queremos apoiar ou non a Cultura, dicirlle que nos parecen de moi baixo calado e que incluso a cultura ten que cumprir a legalidade.
Este alcalde e o PP deberían ser os menos indicados para opinar sobre cultura cando non foron capaces nin de organizar nin de apoiar unha programación completa para celebrar o 100 aniversario de Cabanillas, claro que igual a cultura e ideas de Cabanillas son máis molestas que as de outros artistas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.