Oito maquetistas, de Cambados e da comarca, protagonizan a gran exposición de maquetismo sobre o mundo do mar que abreu as súas portas no salón José Peña, coa presenza do alcalde, Luis Aragunde, do primeiro tenente alcalde, Antonio Iglesias Pombo, e público interesado nesta mostra. “O Mar e mais Nós” pretende dar a coñecer os traballos máis salientables que se veñen realizando nos últimos anos sobre barcos, portos, faros, e toda a iconografía relacionada co mundo mariñeiro.
Os afeccionados a esta manualidade presentan maquetas de barcos, de faros e monumentos, como as ruinas de Santa Mariña e o pazo de Fefiñáns do falecido Ernesto Losada. A ampla variedade de pezas reflicten o gran interese suscitado por esta disciplina, non só para os seus practicantes, senón tamén para o público en xeral.
Un dos maquetistas participantes presenta unha sorprendente imaxe do peirao de Cambados. En canto a monumentos hai maquetas en gran formato da igrexa de San Benito, da torre de San Sadurniño, a torre da Lanzada e mais as de Catoira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.