TELÉFONOS DE INTERESE

15 de noviembre de 2013

OITO MAQUETISTAS PROTAGONIZAN A EXPOSICIÓN “O MAR E MAIS NÓS”







Oito maquetistas, de Cambados e da comarca, protagonizan a gran exposición de maquetismo sobre o mundo do mar que abreu as súas portas no salón  José Peña, coa presenza do alcalde, Luis Aragunde, do primeiro tenente alcalde, Antonio Iglesias Pombo, e público interesado nesta mostra. “O Mar e mais Nós” pretende dar a coñecer os traballos máis salientables que se veñen realizando nos últimos anos sobre barcos, portos, faros, e toda a iconografía relacionada co mundo mariñeiro.
A diversidade de autores fan que a mostra sexa amena e interesante para o espectador. Os expositores son Manolo Rial, Paco Galiñanes, Antonio Galiñanes Turista, Moncho Pazos, José Agra, Fernando Bugallo, Rafael Sabugueiro e José Noya.
Os afeccionados a esta manualidade presentan maquetas de barcos, de faros e monumentos, como as ruinas de Santa Mariña e o pazo de Fefiñáns do falecido Ernesto Losada. A ampla variedade de pezas reflicten o gran interese suscitado por esta disciplina, non só para os seus practicantes, senón tamén para o público en xeral.

Un dos maquetistas participantes presenta unha sorprendente  imaxe do peirao de Cambados. En canto a monumentos hai maquetas en gran formato da igrexa de San Benito, da torre de San Sadurniño, a torre da Lanzada e mais as de Catoira. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.