Segundo os datos do Punto de Coordinación de Medidas de Protección da Xunta, a novembro había concedidas en Galicia 884 medidas de protección, das que 353 corresponden a Pontevedra, 345 á Coruña, 129 a Lugo e 57 a Ourense.
Ao mesmo tempo, o Consello Xeral do Poder Xudicial ten contabilizadas 2.552 denuncias por malos tratos cara á muller no primeiro semestre do ano, das que 1.185 foron en Pontevedra, 885 na Coruña, 250 en Lugo e 232 en Ourense.
A pesar de que as cifras se manteñen en termos xerais, a crise está a afectar en maior medida ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.