TELÉFONOS DE INTERESE

25 de noviembre de 2013

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO







Case 900 mulleres de Galicia contan con medidas de protección por mor dun problema de violencia de xénero, unha cifra superior ás que dispuñan destas medidas no mesmo nivel do ano 2012. As denuncias por esta cuestión, no entanto, mantéñense en termos xerais e alcanzaron as 2.552 no primeiro semestre aínda a pesar da crise económica que "afecta as mulleres que desexan emprender unha vida lonxe dos seus maltratadores.



Segundo os datos do Punto de Coordinación de Medidas de Protección da Xunta, a novembro había concedidas en Galicia 884 medidas de protección, das que 353 corresponden a Pontevedra, 345 á Coruña, 129 a Lugo e 57 a Ourense.


Ao mesmo tempo, o Consello Xeral do Poder Xudicial ten contabilizadas 2.552 denuncias por malos tratos cara á muller no primeiro semestre do ano, das que 1.185 foron en Pontevedra, 885 na Coruña, 250 en Lugo e 232 en Ourense.

A pesar de que as cifras se manteñen en termos xerais, a crise está a afectar en maior medida ás mulleres vítimas de violencia de xénero.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.