Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de noviembre de 2013

CONCENTRACIÓNS CONTRA AS TAXAS XUDICIAIS








Transcorrido un ano desde a publicación no Boletín Oficial do Estado da Lei de Taxas, un centenar de persoas concentrouse ao mediodía deste mércores para manifestar o seu rexeitamento a unha norma da que aseguran que impuxo todo tipo de barreiras no acceso á Xustiza. Entre eles había moitos traballadores do mundo xudicial
Avogados, procuradores, representantes de sindicatos e políticos do BNG e o PSdeG-PSOE como o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e os concelleiros Vicente García Legísima, Anxos Riveiro e Agustín Fernández secundaron a concentración convocada polo Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra ás portas da Audiencia Provincial e dos once xulgados do ámbito territorial do colexio capitalino que administra unha poboación de 600.000 persoas.
Tamén houbo concentracións noutras cidades galegas como Santiago e Coruña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.