TELÉFONOS DE INTERESE

5 de noviembre de 2013

AS RATAS INVADEN O PORTO DE TRAGOVE





Os Socialistas de Cambados solicitaron nos Rogos e Preguntas do Pleno do xoves que  o goberno municipal procurase unha solución para a desfeita que están a sufrir nos aparellos de pesca os mariñeiros no Porto de Tragove.
Os mariñeiros denuncian que se deixou de desratizar o Porto de Cambados, como se facía antes, botando veneno nas inmediacións do espigón, para que as ratas non afloren cando chegan os barcos ó Muelle.
          O que os mariñeiros se atopan tódolos días é que a carnada desaparece e as nasas están roídas. O problema das ratas é un problema que os socialistas xa veñen denunciando desde hai un ano en moitas zonas do noso pobo. Segundo nos contestou o Alcalde no Pleno, xa se están tomando medidas, aínda que polo que se ve, non son efectivas.

    A este problema das ratas en Tragove, agora engádeselle o da aparición de nutrias que tamén rondan polo muelle e fan iguais destrozos nos aparellos dos mariñeiros e na carnada, ocasionándolles grandes gastos ós traballadores, polo que últimamente están optando por subir os aparellos a terra cada día coas molestias que esto lles ocasiona…

   Esperan, os socialistas, que por unha vez o goberno municipal faga caso da nosa petición para que os mariñeiros non teñan que estar a sufrir estes destrozos nunha época na que apenas se gaña e todos son gastos engadidos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.