TELÉFONOS DE INTERESE

5 de noviembre de 2013

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ANALIZAN O PLENO DO XOVES





Unha vez máis, o Partido Popular é o vivo exemplo de cómo unha maioría absoluta se pode volver en contra dos que lle outorgaron esa maioría, é dicir dos cambadeses. E iso foi o que ocorreu no último pleno, no que o goberno municipal se valeu de esa maioría para modificar 26 ordenanzas municipais reguladoras de taxas.


Taxas que pagamos todos, como pode ser a da recollida do lixo, a traída de auga ou o alcantarillado, por poñer varios exemplos cotiáns, vense incrementadas trala aprobación por unanimidade do equipo de goberno. En palabras da portavoz socialista Fátima Abal: "nos pensamos que os cidadáns xa teñen demasiados gastos como para poder afrontar unha nova suba. Recordamos que o goberno subíu o IBI un 50% nos últimos dous anos e que a Xunta subíu a auga e ademáis instaurou un canon de saneamento no uso doméstico"


Pero aínda hai máis, xa que no contexto económico de crise en que nos atopamos, no que día tras día moitos pequenos e medianos negocios se ven obrigados a pechar as súas portas, este concello, que parece insensible ante esta situación, sube cada vez máis unhas taxas que perxudican a un sector tan importante para a economía local como é o do pequeno comercio. Sectores coma o da hostalería ven incrementada a taxa que teñen que pagar por dispoñer de terraza. Escaparates ou toldos tamén son algúns dos elementos afectados pola suba. Ou servizos como os da praza de abastos ou o mercado, que tamén se verán afectados por esta suba.



O servizo de gardería e ludoteca tamén pasa a ser máis caro trala aprobación desta ordenanza, así como a utilización dos servizos sociais, culturais e deportivos. Segundo a nosa portavoz: "Tendo en conta a perda de poder adquisitivo de moitas familias e a situación que se está vivindo, coa cantidade de desempregados que hai en Cambados, moitos deles sen cobrar ningún tipo de axuda, que están indo a recoller comida tanto a Cáritas como a outros organismos, non nos parece xusto subir as taxas aínda que só sexa para adecualas ó IPC. Hai formas mellores de cadrar as contas públicas nos tempos que corren, por exemplo aforrando nos gastos superfluos" manifestou Fátima Abal. Sen embargo o alcalde, limitouse a botar balóns fora e culpar como sempre ós demáis de tódolos problemas, botando a culpa á herencia recibida como si estes dous últimos anos non existiran.



Por este motivo, os concelleiros do grupo municipal socialista votamos en contra, no pleno celebrado este xoves, da suba de taxas, ó tempo que lanzamos unha proposta: "xa que o goberno fala da tan próxima recuperación da economía española para o 2014, ¿por que non se apraza esta suba ata o vindeiro ano, para cando esta recuperación sexa efectiva e as familias poidan afrontar máis desafogadamente os pagos?". Proposta que nin sequera se chegou a ter en conta, xa que, o único que fixo o Alcalde no Pleno, foi comparar as taxas do noso Concello co IBI dos Concellos que o tiñan máis alto  co noso e botarlle a culpa das subas do noso Concello ó goberno de Zapatero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.