TELÉFONOS DE INTERESE

5 de noviembre de 2013

A EDUCACIÓN EN GALICIA DE MAL EN PEOR





 Os orzamentos da Consellería de Educación para o ano 2014 constitúen “o quinto ataque consecutivo de Feijóo ao ensino público, a cultura e a lingua de Galicia”.

Feijóo leva recortados máis de 400 millóns de euros no orzamento desta Consellería dende o momento en que asumiu a presidencia da Xunta, en 2009, 20 millóns de euros menos con relación aos orzamentos de 2013. O PP está a utilizar a crise como escusa para facer aquilo que levaban anos desexando facer : destrozar o modelo dos servizos públicos esenciais que tanto tempo levou construír.

Como unha broma de mal gusto pódense considerar unhas contas que cada ano recortan a calidade do sistema educativo e da cultura galega coa excusa de facer mais con menos, cando a realidade é que con menos faise menos. 




A todo esto temos que os recortes drásticos nas condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras do ensino ou a redución de bolsas para os alumnos, que teñen que abandonar os seus estudos universitarios por falta de medios. Temos que lembrar a situación dos centros educativos sen fondos para asumir os gastos de funcionamento ou repoñer equipamentos obsoletos, ou os centros do rural con serias dificultades para acceder a internet cunhas mínimas garantías.

Ademais, os rapaces que carecen de medios para comprar libros de texto e material escolar, ou as familias do rural que teñen que pagar polo comedor escolar e que, agora vense obrigadas a mandar aos seus fillos e fillas cun “tupper” ou bocadillo ás escolas e institutos.

Xubilación anticipada

A  xestión do PP está a facer insoportable a situación laboral do profesorado do sistema educativo público, un colectivo básico para o bo funcionamento de calquera sistema educativo.  En lugar de mellorar as súas condicións, seguen castigándoos, o que provocou que mais de mil profesores e profesoras pediran a xubilación anticipada en agosto, unha situación que vaticinou será peor o próximo ano.



A  “asfixia económica” que o goberno de Feijóo está a provocar na universidade galega, que dende 2009 perdeu o 15 por cento do seu orzamento, a pesares das continuas promesas da Xunta, co obxectivo de facer unha Universidade á que só teñan posibilidade de chegar as elites.

Ademais, dende a chegada do PP á Xunta en 2009,  a cultura e a lingua do noso país recibiu 350 millóns de euros menos,  que mentres Fraga dedicaba 17 millóns de euros á lingua galega, o goberno de Feijóo reduciu estas achegas ata 5,4 millóns de euros, sete veces menos. Non é a crise, é a particular loita do PP contra a lingua e a cultura de Galicia o único que explica esta insostible e manifesta humillación.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.