 |
| Foto "A ti meu Cambados" |
O sábado un dia de choiva, gris e triste despedimos a "profe" Amelia. Deus ou quen fora tivo a amabilidade de que ese dia nas derradeiras horas de Amelia sobre a terra abrírase un claro.
SeiS anos no colexio de A Pastora coma membro da Anpa e dous deles coma membro do Consello Escolar fixeron que tivera un trato con ela máis cercano cecáis que outros pais.
Nese tempo coñecín a unha muller tremendamente amante do noso idioma e autora de varios libros de texto de galego xunto con Olga Martínez e Begoña Pérez.
Recordo coma resumía as enquisas que o equipo de Dinamización Lingüística mandaba para que os pais completáramos na casa e que as veces deparaba uns datos bastante tristes. Recordo a ilusión que lle poñía a "as Nosas Letriñas" para os que non sepades este é un proxecto impulsado polo colexio para levar a os máis cativos o "Dia das Letras Galegas" con autores vivos e con unha obra máis aproximada a sua idade. E que contou coa presenza de autores galegos que pasaron pola Pastora para que os críos os coñeceran.
Como non destacar tamén a sua labor coa revista do centro "COGUMELOS"
No seu funeral podíase ver gran cantidade de mozos e mozas, algúns deles ex alumnos e de seguro que Amelia coma profesora de Audición e Linguaxe correxiu a algúns deles/as esas "erres" mal pronunciadas ou outros pequenos problemiñas aos que prestaba moita atención e que trataba de correxir.
Foise unha gran mestra, gran nai, gran muller e gran compañeira e amiga.
ATA SEMPRE AMELIA
Artigo relacionado
AS NOSAS LETRIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.