Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de octubre de 2013

A CONSELLERÍA DE MAR AUTORIZA CEN CORDAS MÁIS POR BATEA






Nun alarde de xenerosidade a Consellería do Mar autorizou ao sector mexilloneiro a colocación de 100 cordas máis por batea --o tope máximo está fixado en 500-- para evitar que perda a produción debido ao episodio de toxicidade que impide retirar e vender o molusco.

   Desta forma, os profesionais poderán utilizar a técnica coñecida como 'desdobre', ao pasar o bivalvo de maior tamaño a novas cordas para regular o peso co obxectivo de conseguir salvar a colleita. Con iso, o mexillón poderá continuar o seu ciclo de vida.

   Esta medida "excepcional", foi notificada este martes á provincia de Pontevedra e este mesmo mércores á de A Coruña.

   Os 'bateeiros' poderán instalar o extra de cordas nos polígonos situados en zonas afectadas pola marea vermella dende este momento e ata un mes despois da reapertura da área en cuestión.
   Xunto a esta decisión, o departamento de Rosa Quintana estuda outra das peticións trasladadas polo sector na comisión do mexillón celebrada a semana pasada: a creación de subzonas, o que permitiría decretar peches e aperturas en espazos de menor tamaño, nos que a presenza de toxicidade pode existir ou non.


   Este mércores, xornada na que se cumpren xustamente dúas semanas dende que o instituto acordou prohibir a extracción de mexillón da maior parte dos polígonos de bateas, seguen pechados a grande maioría a excepción de tres, situados en Redondela, na ría de Vigo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.