Fontes da Garda Civil de Pontevedra confirmaron a incautación de entre 40 e 50 plantas de marihuana nun domicilio de Cambados ao longo da tarde deste mércores e a detención do suposto propietario. O home foi arrestado e trasladouse ao cuartel de Cambados.
Tras tomarlle declaración no cuartel, os axentes que instrúen as dilixencias decidiron a súa imputación por un delito contra a saúde pública, pero deixárono en liberdade á espera de que o Xulgado de Guadia de Cambados o chame para declarar en sede xudicial.
Outras fontes solventes indicaron que o home xa fora detido noutra ocasión en posesión dunha cantidade inferior de plantas de marihana e que adoita tomar infusións desta substancia para mitigar a dor, dado o avanzado da súa enfermidade. Este extremo non puido ser confirmado de forma oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.