Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de septiembre de 2013

A DEPUTACIÓN FINANCIA A 20 CONCELLOS MÁIS PARA SERCIZOS SOCIAIS







Estes Concellos súmanse ós 33 que xa se beneficiaron 
do plan do organismo provincial
A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a concesión de axudas a 20 concellos de menos de 20.000 habitantes dentro do convenio de servizos sociais comunitarios e traballadores desempregados.
Con este plan destináronse 2,2 millóns de euros ó financiamento deste tipo de servizos dos que se benefician un total de 53 concellos. Segundo o recollido no acordo a achega do organismo provincial permite cubrir o 80% do financiamento do Servizo de Atención no Fogar, da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios e do persoal técnico dos equipos municipais con perfís complementarios ós do traballador social, como auxiliares administrativos ou educadores.
Por outra banda, os concellos que fan parte do convenio asumen o 20% restante do custe dos servizos, de xeito que se posibilita darlle cobertura a unha necesidade prioritaria que teñen os municipios en materia de atención social.

Concellos adheridos
Ós 33 concellos que xa formaban parte deste convenio súmanse 20 novos ós que a Deputación lle adiantou o 35% da contía aprobada:
Concellos adheridos
O presidente puxo de relevo que, a través deste acordo, os concellos teñen a garantía absoluta non só de que van poder seguir prestando estes servizos, senón de que se poñen en marcha todos os medios ó alcance da Deputación para facelo da mellor maneira posible conseguindo ademais dous obxectivos: por un lado darlle traballo e polo tanto proporcionarlle uns ingresos a moitas persoas que nestes intres se atopan nunha situación delicada; polo outro dotar os concellos dun persoal que lles resulta moi necesario para poderen realizar obras ou prestar servizos necesarios e de interese veciñal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.