TELÉFONOS DE INTERESE

12 de septiembre de 2013

640.000 EUROS DESPILFARRADOS PARA INCENTIVAR A PROCREACIÓN






 A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou que a Xunta destine 640.000 euros a unha campaña publicitaria “para animar ás mulleres a procrear” mentres sube o prezo dos comedores escolares, elimina bolsas de estudos, ou incumpre a Lei obrigando aos rapaces do rural a pagar o comedor escolar cando teñen que utilizar transporte escolar.


Gallego formulou unha pregunta oral na sesión de control ao goberno no Pleno do Parlamento de hoxe na que considerou “pouco convincente” que o goberno invista en campañas publicitarias mentres Galicia é a Comunidade Autónoma coa segunda taxa de actividade mais baixa do Estado. A responsable socialista instou impulsar políticas activas de emprego para que as mulleres poidan ter fillos. 



Criticou que o goberno galego trate ás mulleres “como úteros andantes” mentres recortan as políticas de axuda á dependencia, servizos sociais, educación, sanidade e, en definitiva, no Estado Social “que permitía ás mulleres ter unha taxa de ocupación elevada que permita desenvolver o seu proxecto vital”.



Criticou que o goberno galego teña demostrado “o seu talante” aprobando o Plan de Dinamización Demográfica “en solitario” e por un procedemento “expréss”, sen permitir debate nin aportacións dos grupos parlamentarios. Ademais, dixo, dito Plan carece en absoluto de medidas, e mesmo chega a obviar a creación de ningunha nova praza de gardería ata o ano 2016.

Criticou que “mesmo a nota de prensa da Consellería logo do Consello da Xunta de Galicia tiña mais medidas e mais cifras das que tiñan incluído no dito Plan de Dinamización Demográfica”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.