Gallego formulou unha pregunta oral na sesión de control ao goberno no Pleno do Parlamento de hoxe na que considerou pouco convincente que o goberno invista en campañas publicitarias mentres Galicia é a Comunidade Autónoma coa segunda taxa de actividade mais baixa do Estado. A responsable socialista instou impulsar políticas activas de emprego para que as mulleres poidan ter fillos.
Criticou que o goberno galego trate ás mulleres como úteros andantes mentres recortan as políticas de axuda á dependencia, servizos sociais, educación, sanidade e, en definitiva, no Estado Social que permitía ás mulleres ter unha taxa de ocupación elevada que permita desenvolver o seu proxecto vital.
Criticou que o goberno galego teña demostrado o seu talante aprobando o Plan de Dinamización Demográfica en solitario e por un procedemento expréss, sen permitir debate nin aportacións dos grupos parlamentarios. Ademais, dixo, dito Plan carece en absoluto de medidas, e mesmo chega a obviar a creación de ningunha nova praza de gardería ata o ano 2016.
Criticou que mesmo a nota de prensa da Consellería logo do Consello da Xunta de Galicia tiña mais medidas e mais cifras das que tiñan incluído no dito Plan de Dinamización Demográfica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.