TELÉFONOS DE INTERESE

▼

12 de septiembre de 2013

UN VECIÑO DE CAMBADOS ALEGA ENFERMIDADE PARA TER UNHA PLANTACIÓN DE MARIHUANA





Un veciño de Cambados de idade avanzada foi detido este mércores por un delito contra a saúde pública tras localizarse na súa casa unha plantación de marihuana. O home recoñeceu que era súa, pero alegou que a utiliza con fins terapéuticos, pois está diagnosticado dunha grave enfermidade para a que algúns especialistas recomendan o consumo de infusións de marihuana.
Fontes da Garda Civil de Pontevedra confirmaron a incautación de entre 40 e 50 plantas de marihuana nun domicilio de Cambados ao longo da tarde deste mércores e a detención do suposto propietario. O home foi arrestado e trasladouse ao cuartel de Cambados.

Tras tomarlle declaración no cuartel, os axentes que instrúen as dilixencias decidiron a súa imputación por un delito contra a saúde pública, pero deixárono en liberdade á espera de que o Xulgado de Guadia de Cambados o chame para declarar en sede xudicial.
Outras fontes solventes indicaron que o home xa fora detido noutra ocasión en posesión dunha cantidade inferior de plantas de marihana e que adoita tomar infusións desta substancia para mitigar a dor, dado o avanzado da súa enfermidade. Este extremo non puido ser confirmado de forma oficial.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.