As Xuventudes Socialistas de Cambados denuncian que o Alcalde, Luis Aragunde, segue a utilizar o Concello de Cambados como o medio para beneficiar a os membros do seu partido, tamén ao membros das Novas Xeracións do seu partido.
"Fai un tempo puidemos ver como contratou como traballadores municipais, tamén na escola taller, a membros das Novas Xeracións, coñecidos por todos por formar parte da súa directiva".
Ismael Agra afirma ‘’Agora, aparte da habitual apropiación do Partido Popular da Festa do Albariño, puidemos apreciar como continúan utilizando o Concello para beneficiarse, concedéndolle a presentación da Gala do Albariño a unha coñecida militante do Partido Popular (na foto a o lado de Rajoy) e das Novas Xeracións e convidando ás Novas Xeracións do PP ao tradicional Xantar do Albariño.
Ismael Agra adiantou que ‘’preguntaremos no Pleno Muicipal as razóns polas que tódolos cambadeses lle temos que pagar o xantar da Festa do Albariño aos militantes das Novas Xeracións do PP’’.
O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Cambados concluíu afirmando ‘’ as Xuventudes Socialistas seguiremos denunciando os privilexios que teñen os membros das Novas Xeracións porque consideramos que toda a mocidade cambadesa debe ter os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades’’.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.