Onte xoves empezouse a montar a carpa que albergará o Xantar de Confraternidade do PP, perdón do Albariño, no parque de Torrado. E coma todos os anos as medidas de seguridade nun recinto cheo de nenos e nenas xogando eran inexistentes. Varias nais alí presentes expresaron as suas queixas a empresa que monta dita carpa sendo recibidas con improperios rozando case o insulto.
Minutos despois chegaron a o lugar varios operarios municipais, que colocaron unhas vallas pero para restrinxir o paso cara o material que se empregará na comida, a os que estas nais fixeron chegar esas queixas. A contestación dos operarios foi ben clara: “nos non temos nada que facer, esto non é cousa nosa”. Pouco despois Manuel Sineiro xefe ou encargado dos operarios municipais propúxolle a unha nai que “vixiaran a os seu fillos e deixaran traballar a empresa montadora da carpa”. Os que coñecemos só de vista, pois no trato diario non o sabemos” a este persoaxe sabemos que a simpatía non é algo do que poida presumir precisamente. A cara deste traballador municipal a o que todos os cambadeses contribuimos para pagarlle o seu salario e digna de estudo. Pouca xente de Cambados pode decir que o veu algunha vez cun sorriso na cara.
A todo esto a carpa foi montada e non houbo problemas como o ano pasado que tras un pequeño susto os municipais procederon a delimitar a zona con cinta de obra.Para vindeiros anos sería bo que toda a xente que traballa para e no Concello aparte de ter un curso de riscos laborais fixeran uso dos coñecementos que se supón adquiren neles.
Por certo que privilexiados os asistentes a o Xantar que dispoñen de 4 wc`s portátis máis os dous fixos para unhas 500 persoas durante unhas poucas horas e no resto do povo uns 20 para 200.000 ou 250.000 persoas que dende o Concello agardan nos visiten estes dias facendo unha media duns 40.000 por día, sabendo todos que o venres e sábadoesa cifra quédase moi corta.
Algunhas fotos foron cedidas por Cristi Cris L L


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.