TELÉFONOS DE INTERESE

27 de agosto de 2013

HISTORIA DUN ENCHUFE (1) PORQUE OUTRO NOME NON TEN




HISTORIA DUN ENCHUFE (1)    PORQUE OUTRO NOME NON TEN

Todo parecido coa realidade é pura coincidencia

A historia que vou contar agora é verídica i é so unha parte a segunda contareina en outra ocasión.
Fai uns anos o home dunha traballadora dun Concello estaba sen emprego e foi convocado para a selección de alumnos para un Obradoiro de Emprego que se ía a facer nese Concello. Tras pasar as “duras cribas” que hai nestes procesos foi elixido para o citado Obradoiro. O módulo é indiferente.
Durante o tempo que durou o Obradoiro este bo rapaz adicouse, aparte de ir para o bar cada vez que tiña que ir a facer algún traballo nun parque moi coñecido da vila, a montar unha pequena colección de ferramentas a conta do Obradoiro, ou sexa adicouse a furtar toda clase de ferramenta, cos cartos de todos os contribuíntes. Ferramenta que foron buscar a sua casa os seus propios compañeiros. O mellor de todo e pese a ser descuberto, é que nin foi sancionado nin denunciado.

 
Eso sí cando foi a entrega de diplomas este traballador non foi convocado. Ese dia alí estaban os seus compañeiros cos diplomas debaixo do brazo agás el.

Tempo despois o Concello ofertou uns postos de traballo para operarios de servizos múltiples con unha duración de 6 meses e o noso protagonista tivo a suerte de estar entre os elixidos. Durante seis meses traballou para o Concello, non podo decirvos se contratado pola Deputación ou polo propio Concello. E así se non é polo Concello é pola Deputación, cada certo tempo anda coa roupa de traballo do Concello.
Pouco tempo despois foi convocado outro Obradoiro de Emprego e como xa pasaran 5 anos do anterior o noso protagonista tivo a sorte de volver ser elixido e durante outros seis meses, supoñemos que ter unha muller con soldo de funcionaria, non ter fillos son puntos suficientes para acceder a os Obradoiros.
Agora mesmo está contratado pola Deputación outros seis meses. E así toda a vida. Supoño que todo esto será tamén en parte en pago a o abnegado esforzo da sua muller que incluso é capaz de chegar as mans por defender a o seu Concello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.