Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2013

A DEPUTACIÓN ADXUDICARÁ AS OBRAS DO PLAN DOS 15 MILLÓNS



Publicábamos onte o Plan que tiña previsto a Deputación de Pontevedra para axudar a os concellos. Pero o que non decíamos era que ´que ia licitar as obras era a mesma Deputación. Algo moi perigoso, pois se antes os Concellos podían repartir as obras entre moitas empresas agora a Deputación pode recortar a cantidade de Empresas a so unhas poucas máis próximas.


pleno da Deputación aproba un plan de obras e servizos cunha achega de 15 millóns de euros. A proposta neste pleno extraordinario foi aprobada polos votos do Partido Popular mentres que o PSOE e o BNG o rexeitaban
As críticas dos grupos da oposición centrábanse na falta de consulta para intentar consensuar un plan conxunto; na redución de funcións que, segundo expuxeron Santos Héctor e César Mosquera, supoñerá para os concellos xa que será a Deputación quen licite as obras tras a presentación de proxectos por parte de cada municipio e na falta de inclusión de Vigo, Mondaríz e Pontevedra nese plan.

deputado popular, José Manuel Figueroa, defendeu a proposta indicando que non se consensuara coa oposición porque iso retardaría a posta en marcha dun plan que queren poñer en marcha de inmediato. Indicou, ademais, que é un plan que xerará riqueza e traballo. Sinalou que Pontevedra e Vigo saen máis beneficiados que o resto de Concellos a través de convenios. Louzán rematou as intervencións afirmando que PSOE e BNG lamentarían o voto " porque non hai argumentos para votar en contra e é unha cuestión importante".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.