O pleno da Deputación aproba un plan de obras e servizos cunha achega de 15 millóns de euros. A proposta neste pleno extraordinario foi aprobada polos votos do Partido Popular mentres que o PSOE e o BNG o rexeitaban.
As críticas dos grupos da oposición centrábanse na falta de consulta para intentar consensuar un plan conxunto; na redución de funcións que, segundo expuxeron Santos Héctor e César Mosquera, supoñerá para os concellos xa que será a Deputación quen licite as obras tras a presentación de proxectos por parte de cada municipio e na falta de inclusión de Vigo, Mondaríz e Pontevedra nese plan.
O deputado popular, José Manuel Figueroa, defendeu a proposta indicando que non se consensuara coa oposición porque iso retardaría a posta en marcha dun plan que queren poñer en marcha de inmediato. Indicou, ademais, que é un plan que xerará riqueza e traballo. Sinalou que Pontevedra e Vigo saen máis beneficiados que o resto de Concellos a través de convenios. Louzán rematou as intervencións afirmando que PSOE e BNG lamentarían o voto " porque non hai argumentos para votar en contra e é unha cuestión importante".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.