Facendo o que outros non fan.
Tras retirar do seu blog o comentario, o edil pedíu desculpas publicamente e anunciou que abandonará o seu cargo na corporación de Cambados.
Xaquín Charlín indicou que presentou a súa renuncia "voluntariamente", sen que o partido tivese que chegar a pedirlla, e que este mércores fará oficial a súa renuncia á acta de concelleiro por rexistro. A decisión adoptouna porque "non lle quero facer dano ao partido, non quero arrastrar ao BNG con isto. Antes de facerlle dano, marcho".
Dende este blog non aprobamos a forma pero si o fondo da cuestión que estase a esquecer.
Gastar 40.000 euros en algo que fai a seguridade social non e lóxico. Os cidadánas temos que pagar incluso os medicamentos e algunhas privilexiadas teñen revisións xinecolóxicas sen agardar nas listas de espera como "todo Dios".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.