Unha cadea humana abrazará o próximo xoves 7 de marzo o Hospital Provincial para "dar oportunidad a los ciudadanos de Pontevedra a mostrar su apoyo, su solidaridad y su abrazo al sistema sanitario público".
O acto foi convocado pola Plataforma Sos Sanidade Pública. O voceiro do colectivo, Manuel Martín, fai un"llamamiento a todos los ciudadanos de Pontevedra para hacer una cadena humana en la que todos con la mano vamos a rodear esta institución hospitalaria reflejando así nuestra valoración del servicio nanitario del área y de toda la sanidad publica y el reconocimiento a los trabajadores sanitarios".
O acto pretende tamén "defender el carácter público de los recursos" da Área Sanitaria Norte de Pontevedra e canalizar unha das principais demandas do colectivo: "esiximos que de xeito inmediato se recupere o modelo de hospital público único recuperando o proxecto de ampliación do Hospital Montecelo".
O voceiro da Agrupación Médica de CIG-Saúde, Francisco Vázquez Vizoso, explicou que se trata dun "acto lúdico reividicativo con música e zancudos" co que tamén queren denunciar que o proxecto para construír un novo hospital en Monte Carrasco "foi unha cortina de fume para ocultar a realidade de que o hospital único non se fixo".
Este médico do CHOP tamén pediu a participación dos propios profesionais da sanidade pública pontevedresa porque "o nivel de mobilización do persoal dasanidade é mellorable" e do resto dos pontevedreses para rematar coa "pasividade da sociedade de Pontevedra ante ou timo do hospital".
O presidente da Federación de Asociacións de Veciños Catelao, Verísimo Pazos, pide a presenza no acto "da xente non só de Pontevedra, senón da comarca, da provincia e de Galicia porque estamos todos non mesmo barco" e é un barco no que se loita contra a "política de recortes" do Goberno actual.
O presidente da Federación de Asociacións de Veciños Boa Vila, José Luis Vidal Laíño, solicita aos asistentes que "veñan con bata branca ou algo branco" e Manuel Martín anima a todos os cidadáns a que acompañen a presenza na cadea humana con outros actos simbólicos "encender velas, llevar lazos o lo que quieran, que llenen de lacitos las verjas del Hospital Provincial".
Para convocar os cidadáns da Área Sanitaria Norte de Pontevedra durante as últimas semanas os organizadores convocaron charlas e actos informativos en todas as parroquias do municipio capitalino e en todas as localidades da zona de influencia do CHOP. "En los debates están participando miles de personas", pois houbo "algunas charlas con 20 personas y otras con 300".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.