Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de marzo de 2013

LOUZÁN NON FARÁ STRIPTEASE.......FINANCIEIRO






A iniciativa de Mariano Rajoy de publicar a súa declaración da renda na páxina web da Moncloa animou a algúns xefes autonómicos do PP a seguir o mesmo camiño. Pero o efecto dominó deste 'striptease financeiro' non alcanzará ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

Días atrás Rafael Louzán aseguraba "a miña declaración da renda, do mesmo xeito que a do resto de cargos con dedicación exclusiva, está depositada na secretaría da institución provincial. Calquera pode vela".
aplicando a lexislación vixente, o Secretario non pode revelar o contido desa documentación. Tería que ser cunha orde xudicial.
Onte o vicepresidente da institución provincial, José Manuel Figueroa, contestou que serán "coherentes" coa "máxima da transparencia" na declaración de bens e patrimonio de cada un dos deputados "atendendo á normativa que se está aplicando".
 "Esa é unha discusión xurídica na que non vou entrar", sinalou Figueroa respecto do anterior. "Nós entendemos que esa é a normativa xurídica que se está aplicando desde sempre, desde logo imos seguir actuando coa máxima transparencia e co que nos marca a normativa desde sempre".

En definitiva transparencias as xustas non vaia a ser............ e a transparencia prometida por Rajoy, cospedal e cia,  ná de ná.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.