O Concello de Cambados deberá pagar 112.683 euros en concepto de indemnización a un veciño de Vilariño como consecuencia de ter concedido indebidamente unha licenza de obra. O Xulgado do contencioso administrativo número 3 de Pontevedra estimou parcialmente o recurso interposto por José Pérez Otero en abril do 2010 solicitando ao Concello 325.907 euros por danos e perjudicios. Os feitos remóntanse a outubro do 2005 cando o Concello concedeu unha licenza para construír unha nave industrial destinada a cerrajería no lugar de Sineiro (Vilariño). O Concello anulou posteriormente a licenza en cuestión, coa obra xa comezada, polo que o propietario tivo que proceder á derriba. O prexudicado decidiu pedir o amparo dos tribunais e estes condenaron ao Concello a pagar máis de cen mil euros. O goberno local xa decidiu en Xunta Local de Goberno dar orde a intervención para que pague esta cantidade. No orzamento do 2013, aprobado a semana pasada, resérvanse 30.000 euros para o pagamento de indemnizacións por responsabilidade patrimonial.
De onde sairá o resto?
Tantos asesores para qué?
O grupo municipal do BNG presentou esta mesma mañá unha escrito no Concello solicitando á alcaldía información relativa a esta sentenza e expresando a súa preocupación polo que cualifican dun caso «moi grave, que deixa ao descuberto unha maneira irresponsable de actuar». Pregúntase o BNG como pode xustificar a alcaldía que se concedese licenza para unha nave industrial nun núcleo rural tendo en conta que a lexislación o prohibe expresamente e fala dunha actuación «irregular e irracional» que lle vai ao peto a todos os cambadeses.
Nova recollida de La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.