Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de marzo de 2013

CADA DIA ESTÁ MÁIS PRETO UNHA FOLGA DE AVOGADOS






Tal como quedou previsto o pasado 21 de decembro,(leer artigo anterior) o vindeiro luns 11 de marzo os avogados adscritos á Quenda de Oficio -case medio milleiro de once dos trece partidos xudiciais da provincia-, celebrarán unha Xunta xeral extraordinaria, na sede colexial de Pontevedra, na que se analizará a convocatoria dunha folga.
Aos avogados esgotóuselles a paciencia transcorrido o "prazo improrrogable" de dous meses que se acordou conceder á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para solucionar de xeito definitivo os graves problemas da Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuita dependente daquela.

Os avogados están moi cansados desta situación que cualifican nun comunicado de "cada vez máis insoportable".O Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra promoveu o recurso na vía xudicial do Decreto polo que se modifica o Reglamento de asistencia xurídica gratuita de Galicia, xa que a Xunta non aceptou ningunha das alegacións efectuadas ao seu borrador, nin se atendían tampouco as reclamacións xa tradicionais dos Avogados: garantir ao avogado, en todo caso, o cobro da actuación desempeñada cando sexa designado como Avogado de oficio, a fin de evitar que actuacións prestadas de forma inmediata e con carácter previo á tramitación completa do expediente de xustiza gratuita non sexan retribuidas.
"Os Avogados contemplan todo tipo de medidas de presión, incluída a baixa masiva dos Letrados adscritos ao Turno de Oficio, como xa se tratou en distintos partidos xudiciais, para conseguir da Consellería un trato correcto, xusto e de igualdade para os cidadáns e ao colectivo profesional" sinalan desde o Colexio de Avogados que conclúe cun chamamento á "sensatez e á consideración da súa postura, e reitérase aos poderes públicos o seu ofrecimiento de plena colaboración".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.