Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de febrero de 2013

PRESENTACION DE NOITES ABERTAS EN PONTEVEDRA




 O concelleiro de Xuventude de Pontevedra, Demetrio Gómez, presentou esta mañá o programa que está dirixido a xóvenes de ata 30 anos.Son case 90 as propostas de Noites Abertas para a edición de 2013, un bo número tendo en conta que o orzamento co que se contou para realizar o programa foi de pouco máis de 100.000 euros, descendendo nun 10% con respecto a 2012. Ademais do concello, diversas asociacións, empresas e persoas de xeito individual, colaboran na realización dos diferentes eventos.

Skate, cociña mexicana, reciclaxe creativo, baile, fútbol, billarda ou bolos son algunhas das actividades que se ofertan. Están dirixidas a mozos e mozas de ata 30 anos. Na última edición foron máis de 5.500 os participantes. Desta volta quérese superar esa cifra tendo unha maior presencia e difusión do programa a través das redes sociais. Tamén se deseñou unha aplicación para Android que se pode descargar de www.noitesabertas.com
As actividades arrancarán o xoves e o venres con sesións de fitness nas diferentes prazas de Pontevedra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.