Un grupo de representantes de mariñeiros afectados pola crise do caladoiro Mauritano, encabezados polo sindicalista Xavier Aboi, agardaron a Rosa Quintana, conselleira do Mar, á saída dun acto celebrado no Centro Forestal de Lourizán.
O encontro provocou un careo que se desenvolveu, por momentos, en términos especialmente contundentes.
Aboi, acompañado de tripulantes dos barcos cefalopoderos, mantivo unha tensa conversación na que reprocharon a Xunta e Goberno de incumprir un compromiso polo cal ían convocar a unha reunión a todo o sector, "alguén nos engañou, non sei se foron os armadores pero os tripulantes tamén somos o sector e nós non fumos", unha acusación rebatida pola conselleira, " a min me dixeron que houbo esa reunión".
Técnicos deste centro experimental, desenvolveron unha minuciosa selección entre as múltiples especies existentes nos bosques galegos, para potenciar e optimizar a comercialización dun produto que supón un ingreso de 25 a 3Ou millóns de euros na balanza comercial galega, cunha colleita de 15 a 20 toneladas anuais, que resultan -a día de hoxe- totalmente insuficientes para atender a demanda do mercado.
AQUI O SON DE RADIO PONTEVEDRA (CADENA SER)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.