Coñecidas as deficiencias da obra e o malestar dos veciños da parroquia de Vilariño por causa da mala execución da obra da nova Depuradora instalada na zona. Estas deficiencias, orixinan que as súas fincas sufran inundacións constantes que lle imposibilitan o acceso ás súas propiedades. Problema que está agravado pola mala canalización dun regato que, antes da citada construcción, recollía a escorrentía das augas sobre ditas terras.
Os socialistas de Cambados, fan as seguintes preguntas a o grupo de governo para que teña a ben contestalas no vindeiro pleno.
- Cales son as medidas que o Concello ten tomadas neste asunto?
- Visitaron os técnicos municipais de Cambados, xunto cos de Ribadumia, ou sen eles, esta obra para comprobar todas as deficiencias anunciadas?
- Presentaron escrito ante a Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio da Xunta de Galicia e no que se lles comuniquen estas deficiencias e se lles esixa a subsanación urxente de todas as deficiencias?
- Comprobaron os técnicos municipais que o retranqueo, obrigatorio para toda obra e todo veciño, está axustado á legalidade? Cal foi o resultado?
- Cal é prazo para que estean subsanadas todas as deficiencias denunciadas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.