Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de enero de 2013

GRAZAS POR ESTE ANO TAN ESPECIAL






Fai hoxe un ano que comezamos a publicar CORES DE CAMBADOS e despois de este tempo e máis de 600 entradas queremos darlle as grazas a todos os que algunha vez votáchedes un vistazo a calquera das publicacións do blogg. As persoas que deixaron comentarios dando o seu punto de vista sobre o que eiquí publicamos, a os que mandaron artigos para que os publicáramos e tamén a os compañeiros de ASOBLOG pois grazas a eles fumos mellorando ou polo menos intentando mellorar a apariencia de CORES DE CAMBADOS.

Comparando con outros bloggs amigos a cantidade de visitas é moi pequena pero esto non é unha carreira e nos estamos contentos pois non agardábamos ter esa cantidade de seguidores, sobre todo publicando moi pouco nas fins de semana e tralo parón de tres meses por motivos laborais.


Agardamos seguir publicando novas do voso interese a pesares de que as perspectivas laborais indican que poderíamos ter outro parón. Asegúrovos que de ser así tentaríamos seguir publicando aínda que fose esporádicamente. Pero estar lonxe de Galicia provoca unha lixeira perda de contacto co cotidiano, se non tes acceso como é o meu caso a internet.


De todos xeitos grazas por todo e a tod@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.