A Confraría de Pescadores de Cambados podería ter cometido unha irregularidade na xestión de axudas públicas ao sobrevalorar un barco construído con fondos da Unión Europea e a Xunta de Galicia.
Se se cometeu ou non esta irregularidade está agora en mans da Fiscalía de Delitos Económicos de Pontevedra, que recibiu a denuncia dun particular e abriu unha investigación para solicitar toda a información necesaria para aclarar os feitos.
O primeiro colectivo en denunciar esta suposta actuación ilegal da Confraría de Cambados foi a Asociación Galega de Mariscadoras (Agamar), que relata a "percepción indebida de axudas públicas pola Confraría de Cambados, de subvencións sobre o Fondo Europeo da Pesca (Fondos FEP) para a construción do buque Tragove, realizada nos Estaleiros Polináutica, S.L. de Cambados no ano 2009 e cun valor que ascendeu a máis de 340.000 euros, correspondendo 176.104,58 euros á cantidade aboada en concepto de subvención pola Xunta de Galicia e a Unión Europea,".
Trala denuncia de AGAMAR a oficina europea de loita contra a fraude no seu día xa instou á Consellería ao inicio dun procedemento contra a Confraría de Cambados para a devolución das axudas públicas A Consellería do Mar esixe á Confraría de Cambados a devolución parcial dunha subvención pública en máis de 100.000 euros, debido á sobrevaloración da embarcación “Tragove”.
Ata agora o Patrón Maior da Confraría contaba co inestimable apoio da conselleira, pero neste caso as cousas veñen dende Europa e alí Rosa Quintana non pode defender a os seus acólitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.