Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de diciembre de 2012

O VALOR NEGATIVO NGB COMPLICA AÍNDA MÁIS A OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES





Tres mil millóns de euros en negativo, é o valor de Novagaliciabanco, estimado a dia de hoxe polas autoridades economómicas españolas e da Comunidade Europea.

Un dato feito público que, segundo a Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas, (Adicae), supón un desastre en toda regra para o sector financeiro galego, con dous grandes grupos de prexudicados; os accionistas maioritarios, que o perderán todo, e os titulares de subordinadas e preferentes.

Outra cousa son os clientes de conta corrente ou a prazo que, segundo Adicae, teñen totalmente grantizados os seus aforros.

De todos os xeitos, e para defender os intereses dos titutulares dos denominados produtos "toxicos", este fin de semana celebrouse, en Madrid, unha convención de plataformas de preferentes de toda España, onde entre outros acordos, tomaron a decisión de presentar unha denuncia contra a CEE ante o defensor do pobo europeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.