Haberá mobilizacións en toda Galicia contra a política de recortes do goberno central.
As case 60 organizacións sindicais e sociais que conforman Alianza Social Galega respaldan as mobilizacións que terán lugar hoxe xoves día 20 en toda a comunidade.
En Vilagarcía, o punto de encontro será a Praza de Galicia, a partires das oito do serán. Dende este colectivo, acusan ó goberno de Mariano Rajoy de "facer política para os ricos e de sumir a España na peor crise da súa historia. Por iso é fundamental facerse oir".
Dende Alianza Social Galega apúntase que o goberno central está a atacar os piares básicos do estado de benestar, a partir de políticas de privatización da sanidade ou da educación, ou coa rebaixa das pensións.
Tamén se referiron á recente suba das taxas xudiciais, que segundo eles, provocará que a xustiza non sexa igual para todos. Animan ós cidadáns a participar nesta mobilización que pretenden sexa masiva. De ahí que se estean a repartir panfletos polas rúas da cidade, que convocan ós vilagarciáns baixo o lema: ‘Por outra saída da crise’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.