Entre as prioritarias figuran incrementar o nivel dos servicios xerais e medioambientais destes núcleos de poboación; así como a realización dun manual de boas prácticas que marque a folla de ruta a seguir polos consistorios e as empresas turísticas. E para conseguir adaptarse ó novo perfil que presentan os turistas do século vinteún por mor das novas tecnoloxías, a Deputación tamén deu en crear a Plataforma Integrada Intelixente de Servicios Turísticos de Pontevedra.
Neste último organismo os once Concellos integrantes contarán ca colaboración da propia Deputación de Pontevedra e dos gobernos central e autonómico. Todo para dinamizar aínda máis un sector que da traballo na provincia a máis de 27 empresas, que supoñen algo máis do trinta e oito por cento do total e son quen de xerar un 12 % do PIB.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.