TELÉFONOS DE INTERESE

12 de septiembre de 2012

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTÁ A TER PROBLEMAS CON INTERNET





Nada máis e nada menos que preto de 2 meses leva sen funcionar correctamente o servizo de internet na Biblioteca Municipal de Cambados.
O Concello decideu aforrar cartos a os cambadeses e trocou de compañía suministradora da rede wifi da Biblioteca Municipal. Dende entón os ordenadores de sobremesa non funcionan pois deben dende Santiago mudar unha serie de cousas pois esos ordenadores van conectados a Rede de Bibliotecas de Galicia. Pasado o mes de agosto e xa case no ecuador do de setembro seguen sen facerse esos traballos. En agosto a desculpa era o periodo vacacional, agora xa non poden dar esa desculpa e os empregados da Biblioteca xa non saben que decir.


Os que sí “funcionan” son os tres portátiles. Pero funcionan en algunhas zonas, noutras non hai maneira de “conectarse”. E decimos que funcionan por decir algo. Un deses ordenadores practicamente vai un dia e outros non. Para poder conectarse non se pode estar na pranta superior, na que incluso os ordenadores que traen da sua casa algúns usuarios non van. Botábaselle a culpa a que os ordenadores eran usados por moita xente pero os particulares tampouco van polo tanto é un erro da instalación.

Outra cousa é que a pesares de baixar de 8 ordenadores a 3 os dispoñibles e tendo dous de sobremesa para os empregados aínda hai outro portátil que empregan os traballadores do Concello, perdendo a oportunidade de ser utilizado por calquer usuario que o precise.

Tamén hai uns 10 portátiles máis para os rapaces das ludotecas de verán ou durante as actividades no periodo do curso escolar.
Dende a Alcaldía presúmese de servizos e de instalacións e ao final todo o que ofrecen é menos, moito menos do prometido.
Noutra ocasión xa falamos das carencias do Centro Socio Cultural da Mercede e parece que a Biblioteca vai camiño de converterse en algo moi parecido.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.