Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de septiembre de 2012

CONCELLOS DE INTERESE TURÍSTICO DE PONTEVEDRA





 A Deputación de Pontevedra ven de constituír, xunto con once concellos da provincia, a Comisión Provincial Coordinadora de Concellos de Interese Turístico; unha nova agrupación na que se integran os Concellos de Poio, O Grove, Sanxenxo, Cambados e Vilagarcía. Este novo ente turístico virá a sumar esforzos en tempos de crise para poder abordar de xeito conxunto cuestións comúns a estes Concellos máis visitados da provincia. Esta comisión reunirase unhas catro veces ó ano para analizar as actuacións máis demandadas polos Concellos membros.


Entre as prioritarias figuran incrementar o nivel dos servicios xerais e medioambientais destes núcleos de poboación; así como a realización dun manual de boas prácticas que marque a folla de ruta a seguir polos consistorios e as empresas turísticas. E para conseguir adaptarse ó novo perfil que presentan os turistas do século vinteún por mor das novas tecnoloxías, a Deputación tamén deu en crear a Plataforma Integrada Intelixente de Servicios Turísticos de Pontevedra.

Neste último organismo os once Concellos integrantes contarán ca colaboración da propia Deputación de Pontevedra e dos gobernos central e autonómico. Todo para dinamizar aínda máis un sector que da traballo na provincia a máis de 27 empresas, que supoñen algo máis do trinta e oito por cento do total e son quen de xerar un 12 % do PIB.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.