Medio centenar de afectados polas preferentes obrigaron onte a o mediodía a pechar a sucursal de Novagalicia Banco no municipio pontevedrés de Ribadumia onde reclamaron a devolución do seu diñeiro, segundo explicou un portavoz, Manuel Cores.
Os afectados foron concentrándose ao redor da entidade e con pancartas e consignas alusivas induciron ao responsable da entidade a pechar as portas, informou a mesma fonte.
"Non cesaremos ata que nos devolvan o noso diñeiro, todo o que nos roubaron tras enganarnos, é o único que queremos, non nos valen boas palabras, só o diñeiro" expuxo Cores.
| Afectados en Sanxenxo a pasada semán |
O vindeiro venres asociacións de toda Galicia manterán unha reunión en Pontevedra onde analizarán a situación e decidirán as medidas a adoptar

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.