O BNG de Cambados prosegue coa accións administrativas para deter as obras no Pinal de Maza pois insisten nas “múltiples irregularidades” que comete a obra. O último organismo a o que dirixiron as suas queixas foi a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). Nesa denuncia piden que se sancione a os promotores.
| Antes da desfeita |
Cabe recordar que os nacionalistas levan meses denunciando as irregularidades que se están a cometer e solicitaron varias veces a paralización do proxecto. Acusan a o Concello amparar a obra pois non fan caso de todas as denuncias presentadas.
Dismaterra SL e Cancelo Cbson os promotores da obra i están vinculadas a concelleiros, exconcelleiros e familia do PP de Cambados. Empezaron a obra sen os permisos ou licenzas necesarias, así o denuncia o BNG cambadés. A APLU e a cuartainstancia a donde dirixen as denuncias. Antes puxeron denuncias ante o servizo provincial de Patrimonio, Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, xefatura provincial da Consellería do Medio Rural e do Mar ademáis do propio Concello.
No seu escrito ante a APLU explican que se está transformando en viñedo case un kilómetro cadrado do Pinal de Maza na Modia-na parroquia de Vilariño- que “conta con protección forestal”. A obra empazouse en xaneiro “sen ningunha licenza ou permiso e sen existir neses intres ningún expediente aberto no Concello” (abríronse o 23 de febreiro). Engaden que para facer a obra as duas firmas pediron permiso para cultivar albariño, “ocultando que para facer emparrados precisábase dunha tala e un movemento de terras” algo que precisaría licenza municipal previa e coa que non conta aínda agora. Asemade expoñen que incumpre as leis do solo e que a administración local elaborou un informe favorabel “parcial e carente de base legal” sospeitando de que é por quen está tras as empresas, un concelleiro e o delegado da Xunta en Pontevedra i ex-alcalde Cores Tourís amén da sua muller.
2 comentarios:
de que vale denunciar en catro estancias se mandan eles mesmos en todas elas,donde hay que ir e o xulgado, e ainda asi mirariamos se facian algo .Fan todo que queren son os amos, e nadie fay nada
O primeiro e ir as institucions que deben velar pola legalidade e despois o xulgado, ou eso é o que eu creo máis lóxico aínda que en política........... que é lóxico?
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.