TELÉFONOS DE INTERESE
▼
21 de agosto de 2012
3000 PERSOAS EN SANXENXO PROTESTAN POLAS PREFERENTES
Máis de tres mil persoas, convocadas por unha ducia de plataformas de afectados de toda Galicia, maniféstanse s mañá do pasdo sábado en Sanxenxo para reclamaren unha solución ao escándalo das participacións preferentes, principalmente colocadas aos seus clientes polas caixas, transformadas agora en Novagalicia Banco. A mobilización colapsou o centro do concello pontevedrés, capital de veraneo da 'jet' galega e de importantes líderes políticos do centrodereita. Os manifestantes -que lanzaron ovos e pegaron carteis nas fachadas de entidades bancarias- acusan por igual as financieras ás que confiaron os seus aforros e á Xunta, por promover a vía da arbitraxe, na que non cren e á que só acodiron até agora trece de cada cen afectados.
Esta concentración era continuación das que tiveron lugar o venres e moitas poblacións galegas e das que xa informamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.