Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de agosto de 2012

3000 PERSOAS EN SANXENXO PROTESTAN POLAS PREFERENTES



Máis de tres mil persoas, convocadas por unha ducia de plataformas de afectados de toda Galicia, maniféstanse s mañá do pasdo  sábado en Sanxenxo para reclamaren unha solución ao escándalo das participacións preferentes, principalmente colocadas aos seus clientes polas caixas, transformadas agora en Novagalicia Banco. A mobilización colapsou o centro do concello pontevedrés, capital de veraneo da 'jet' galega e de importantes líderes políticos do centrodereita. Os manifestantes -que lanzaron ovos e pegaron carteis nas fachadas de entidades bancarias- acusan por igual as financieras ás que confiaron os seus aforros e á Xunta, por promover a vía da arbitraxe, na que non cren e á que só acodiron até agora trece de cada cen afectados.
Esta concentración era continuación das que tiveron lugar o venres e moitas poblacións galegas e das que xa informamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.