Nado na Barcala (A Baña), Avelino Pousa Antelo (Lucho do Peto) cursou seis anos na Universidade Pontificia Compostelá, Maxisterio en Santiago, dous cursos de Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza.
En 1963 obtén o Premio Xornalístico Ramón Mourente de temas agrarios. Un ano máis tarde, o premio "Luís Sánchez Harguindey", tamén de temas agrarios. A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias outórgalle en 1998 a Insignia de Ouro e Esmalte da Unión de Cooperativas. Foi nomeado Padriño de Honra da primeira promoción de diplomados da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (1999) e da promoción de 2002 da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (UVI). En 2000, a Universidade Compostelá outorgoulle a súa Insignia de Ouro.
Colaborador nos anos 30 de La Voz de Barcala —órgano da Federación Agropecuaria do Distrito de Negreira—, publicou centos de artigos en xornais e revistas sobre temas agrarios e cooperativos, ademais doutros temas tamén políticos. Entre os seus libros figuran Temas de Agricultura (1951), Cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquia rural (1968), ¿Valen ou non as cooperativas comunitarias para o campo galego? (1971), Reforma das Estructuras Agrarias de Galicia (1971), A Escola Agrícola de Granxa Barreiros (1988) e Galicia, tarefa urxente (1992).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.