Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de julio de 2012

BEIRAS TENDE A MAN A COMPROMISO POR GALIZA




O portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras Torrado, deixou onte a porta aberta á "confluencia" nun "proxecto común" que non sexa "nin un partido, nin constelación, nin coalición nin mesa de grupos", nunha clara mensaxe a Compromiso por Galicia, a plataforma promovida por Máis Galiza.

"Non queremos unha especie de Retrincos, iso non", ironizou nunha comparecencia de prensa, "nin tampouco unha farrapeira, por dicilo doutro xeito", "e sigo confiando en que a confluencia suceda porque hai un documento programático con liñas agrupadas por segmentos de temática "e, se se asumen, non habería razóns para non confluír".


Explicou que esa perseguida unidade dependerá de que todos comprendan que este período " novo" require de organizacións abertas controladas polos cidadáns, "algo que dá marxe para a incorporación plena e masiva porque a presenza de grupos a través dos seus militantes enriquece a lectura".

Neste sentido, comentou que a asemblea do pasado día 14 soamente serviu para "montar os cimentos" dun edificio "que hai que seguir construíndo, a diferenza está en que agora hai unha trama organizativa que permite seguir traballando". "Se é un novo proxecto común, que é do que se trata, pois canta máis confluencia se poida lograr cos cidadáns a título individual e cos continxentes doutros grupos, pois claro que se pode e debe continuar", precisou, e destacou a "incorporación" a este proceso de moitísima "xente nova" e de xente, "nova e non nova, que non estaba no BNG".

Beiras afirmou que o diálogo persiste, e que el mesmo expuxera que "estes contactos tiñan que ser discretos, e non con especificaciones cara a fóra". Tamén deu conta da súa renuncia á portavocía de Encontro Irmandiño, oficializada este mércores, "porque sería pouco ético e clarificador continuar sendo portavoz dunha organización se se é portavoz da propia Anova, por iso onte mesmo comuniqueino".

ESTE 25 DE XULLO, EN BELVÍS
Coa mirada posta no próximo 25 de xullo, anunciou que Anova celebrará unha concentración-mitin, posiblemente na Praza de Mazarelos, seguido de "unha xuntanza festeira", con toda probabilidade no Parque de Belvís. "Que a xente veña e traia a súa comida, será como unha romaría, unha festa con música. O Día da Patria ten que ser unha festa reivindicativa, pero popular, da cidadanía. Non se cifra a confluencia nin a unidade nun acto litúrxico", puntualizou.

Afirmou que se contemplou a posibilidade de concorrer ao evento convocado pola plataforma de Compromiso por Galicia en Bonaval, pero se estimou que recentemente celebrada a asemblea, consideramos que deberiamos facer unha presentación da nosa propia alternativa, coñecernos, tratarnos e empezar a convivir".

''ESTE RÉXIME ESTÁ PODRECENDO''

Beiras, a preguntas dos xornalistas, opinou acerca da actual situación económica tras os últimos axustes, e insistiu en que este réxime se está podrecendo, non se canto vai durar, nin sequera esta lexislatura porque eu non creo que poidan aguantar tres anos". "Os nazinecios como eu lles chamo botan lume todos os días. O ministro de Economía, Luis de Guindos, acaba de dicir que o Estado non ten diñeiro, hai que ser imbécil, escuro, férido e duro claramente", afirmou, tomando esta frase do propio himno galego. "é coma se unha empresa que está ao bordo da quebra e pide diñeiro ao banco, dio así, isto é ese curral nubrado do que falaba Valle-Inclán en Luces de Bohemia", espetou.

Por esta razón, entre outras moitas, valorou a "entrada dunha ferramenta, se é con confluencia mellor, ordenada, estruturada e incardinada" porque esa irrupción "botará de San Caetano aos actuais inquilinos". "Aínda que non se debe contribuír a crear o espellismo de que se hai un cambio, automaticamente pódense resolver as cousas", concluíu, "pero considero que todo movemento cidadán vertedura en proxecto alternativo é moi capaz" de desterrar a Alberto Núñez Feijóo da Xunta, concluíu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.