Fiscalía pide a Novagalicia os extractos da conta do enlace da Cámara con Brasil
O proceso, que aínda está en fase de dilixencias, iniciouse tras a denuncia dun traballador da propia Cámara de Comercio. O autor da demanda vincularía a unha empregada cameral coa operación ao figurar a súa firma nunha das contas nas que se efectuaban os pagos ao provedor. Isto é, polo menos, o que aseguran fontes próximas á institución, que tamén apuntan que outras dúas empresas de Pontevedra poderían ser investigadas no marco deste caso.
A documentación que achegue a entidade financeira galega podería ser clave para pescudar se existe malversación de caudais públicos, un delito para o que o Código Penal prevé penas de entre tres e seis anos prisión segundo a gravidade dos feitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.