Non van a Zamora nin moito menos de paseo. Despois da festa do sábado no Pombal e a resaca durante os primeiros días da semana, o Establecimientos Otero volveu a centrarse no seu traballo e a recargar pilas.
Os dous primeiros obxectivos da temporada están cumpridos: meterse na fase de ascenso e facelo como primeiro. A meta agora é traballar durante as vindeiras tres semanas coa vista posta no cruce de playoffs.
Yago Casal non quere que o seu equipo perda ritmo competitivo e aínda que o partido deste domigno non ten a priori unha importancia especial, o santiagués si ve notas relevantes nel. Nos cambadeses continúa a ser baixa Manu Fernández.
No conxunto local a necesidade de vencer é moito maior, xa que se están a xogar a súa permanencia na categoría. Agora mesmo é penúltimo na táboa. Do equipo zamorano destacan dous homes: Arturo Fernández, un xoven aleiro de 21 anos que promedia 15 puntos por encontro e é o quinto máximo anotador da competición, e o pívot Tomás Ramón García, que promedia case dobres figuras con 14 puntos e 9 rebotes por partido.
O Fidalgo Vecino é un conxunto con poderío físico sobre todo á hora de cargar o rebote pero con problemas á hora de anotar, de feito é un dos peores equipos da competición en porcentaxes de acerto en tiro.
No encontro de ida o Xuven venceu sen problema por 81-58, nun partido que quedou sentenciado antes do descanso. Os discípulos de Yago Casal tentarán facer un papel similar este domingo, a partires das 17:00 horas no pavillón Ángel Nieto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.