Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2012

Globos azuis para concienciar sobre o autismo

Achégase un ano mais o día 2 de abril, Día da Concienciación do Autismo. Estos días o facebook ferve con propostas de como poderiamos dar visibilidade ao autismo polo menos ese día. Hai varias propostas, pero nós quedámonos coa mais sinxela. Que costa poñer un globo azul nas vosas ventanas ou balcóns? Con este simple xesto axudaremos entre todos a que polo menos este día teñamos en mente cando vexamos os globos que hai moitas persoas marabillosas neste mundo que teñen autismo e que queda moito por facer para que sexa posible a súa inclusión na sociedade ao cen por cen. ANIMÁDEVOS E UNÍDEVOS A ESTA PROPOSTA! Se queredes tamén podedes enviarnos unha foto dos globos, indicando en que concello se fixo ao noso correo: pordereitoasociacion@gmail.com, indicando no asunto "fotos globos". Grazas pola vosa colaboración!!!!

Ademáis temos que suliñar que o vindeiro 23 de marzo, ás 18.30 teremos o noso segundo obradoiro sobre comunicadores e pequenos dispositivos móviles. Esta vez será un socio de Por Dereito, Rafael Aguín o que nos ilustrará sobre o tema. Non vos despistedes e se estades interesados anotádevos canto antes. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.