Medio cento de pais e nais asistiron a reunión convocada pola directiva do Juventud de Cambados onte mércores as 21 horas no centro cultural da Merced. Na xuntanza expuxéronse os termos dun futuro convenio co F.C. Porto de Portugal.
Aspectos positivos para o crecemento deportivo dos rapaces contra aspectos negativos para a economía dos pais.
Positivos: Mellora en canto os adestramentos con monitores( novos ou actuais) baixo a supervisión dun director do Porto para desenrolar o traballo á maneira que se fai na canteira do clube luso.
Mellor equipamento para os rapaces máis roupa para entrenamentos, balóns, e accesorios típicos dosa adestramentos.
Campus periódicos (no verán sobre todo) visitas á cidade portuguesa e intercambios.
Incluso poderíase habilitar nunha das oficinas do clube unha aula para que os rapaces fagan os deberes namentras non escomenzasen a adestrar.
Negativos: Esto todo conlevaría unha subida nas cuotas a pagar de entre 300 e 400 euros. Nada fácil para a maioría das familias. Habería que contar cun descontos en función de varios aspectos, por ser máis dun fillo na escola, ser socios do Cambados, pola forma de pago, etc
.
Na reunión acordouse ter unha charla cos representantes do Porto en vindeiras datas e decidir, coa presenza dun numero máis alto de pais e nais, se finalmente se leva a cabo o proxecto.
Temos que lembrar que o vindeiro 1 de marzo deberían de ter na sua mesa os lusos unha resposta definitiva.
De todo o que vaia acontecendo esperamos seguir informando.

3 comentarios:
Respetando a todo o mundo creo que os pais volvéronse tolos. Pensan que teñen un Maradona na casa e queren invertir. Os que teñen a un futuro Maradona no lle será dificil que lle boten un ollo e o descubran xa agora mesmo, pero os que non temos fillos Maradonas, temos fillos que queren e teñeen dereito a facer deporte, que lles gusta o futbol como óo que máis e que están no seu dereito de facer deporte nas instalacions de todos os cambadeses.
Si se privatiza O Pombal e a escola de futbol e se deixa en mans de outros, todos esos nenos que nos esten a altura de 500 €/temporada, onde
van ir???
eu son un pai que voto "NON"
Penso que a cuota no chegaría a eses 500 euros que dis, pero aínda así paréceme caro pasando dos 250. Eu non creo que neste artigo puxera que son partidario de pagar esa cantidade, com si poñen nalgún xornal. E máis penso que a gran maioría dos 5o pais(na prensa chegan ós 100) que alí estábamos estaban en contra de asinar ningún convenio co PORTO con semellante gasto. De tódolos xeitos sigo a pensar que ten cousas positivas.
Tes razón que a cuota non chega os 500€, pero con un par de botas como pouco na temporada que lles temos que comprar os pais, non creo que cheguen moito.
Estoy dacordo contigo...claro que ten cousas positivas, pero non é para tódolos nenos, e por eso me parece que está fora de lugar. Corren tempos difíciles e deberíamos pensar en todos os rapaces e ser solidarios.
A verdade é que non me gustaría nada que se aceptaran esas condicions, e sería bastante humillante ter que ir a pedir ficha a outra escola dos arredores.
Non hai que esquencer que e un servicio para todo o pobo.
Saudos
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.