Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de febrero de 2012

PROGRAMACION DE ENTROIDO EN CAMBADOS


Este ano a Concellería de Cultura que dirixe o Alcalde Luis Aragunde aposta polas actividades para os máis cativos con actuacións musicais, desfile de carrozas, concurso de disfraces e gastronómicos e contará coa animación de Pepo Suevos e Avelino González.

As actividades máis destacadas comezan o venres 17 de febreiro cun Guateque de Entroido no Salón de Congresos e Exposicións José Peña. A festa será un revival dos anos 80, a música poraa o grupo de ribeirense de “El llanto del un ciego”.
O sábado  a partir das 16.30h  no pazo de Torrado haberá unha Festa Infantil “Fantasía e Animación”.
En caso de choiva a festa trasladarase o Salón de Congresos e Exposicións José Peña.
O domingo 19 de febreiro  as 17.00h  haberá concurso de disfraces e carrozas que sairán dende Santo Tomé desfilando polas 3 Vilas ata a Praza do Concello.
Ao rematar o desfile dará comezo o concurso de disfraces nas categorias infantil e adulto con premios de 100 €, 150 € e 250 €. O domingo estará protagonizado pola actuación do showman Pepe Suevos acompañado da música de D.J. R.O.
Ás 19.30 horas actuará da charanga “Krazy Cabuxas”.
(En caso de choiva o concurso  trasladarase o Congresos e Exposicións José Peña).
O luns 20 de febreiro haberá baile infantil e concurso de filloas, a partir das 16.30 horas no Salón de Congresos e Exposicións José Peña organizado polo Concello e a Confraría de pescadores. Haberá  gratifcacións e premios de 50 € e 100 €.
O martes 22 de febreiro as 16.30 horas Festa Infantil da asociación de Comerciantes Cambados Zona Centro na discoteca Zao. Ás 17.00h dende Santo Tomé desfile de carrozas acompañadas da charanga “Krazy Cabuxas”, e ás 18.00 horas terá lugar a entrega de premios as carrozas mellor engalanadas de 300, 400 5 500 €. Ademais, farase entrega de 200 € as carrozas pola súa participación. A continuación actuación do showman “Avelino González”, acompañado da música de "Cahoba” e “Krazy Cabuxas”. En caso de choiva o concurso de carrozas suspenderase e as actuacións pasarán o Salón de Congresos e Exposicións José Peña.
O mércores de cinsa 23 de febreiro, enterro do especulador do banqueiro do Monopoli. A partir das 17.30 horas na praza do concello, degustación de doces típicos de Entroido, elaborados pola Asociación de Amas de Casa Albariño de Cambados. As 19 horas lectura do sermón e marcha funesta dende a Praza do concello ata a Praia de Santo Tome.
BASES DOS CONCURSOS en www.cambados.es  ou na biblioteca municipal na casa dos FRAGA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.