A Oficina Europea de Loita contra a Fraude Fiscal (OLAF), adscrita á Comisión Europea, informou da percepción indebida de axudas públicas pola Confraría de Pescadores de Cambados do Fondo Europeo da Pesca (FONDOS FEP) para a construción do buque "Tragove", realizada en Estaleiros Polináutica, S.L. (Cambados) no ano 2009 e cun valor que ascendeu a máis de 340.000 euros, inclusive con acusacións de utilizar na mesma pezas usadas ou de segunda man co obxecto de sacar o maior partido posible aos fondos europeos.
Neste sentido, numerosos socios da Confraría xa manifestaron as súas dúbidas, preguntas e sospeitas en canto á sobre valoración no prezo dun buque que, no mercado e con características análogas ao Tragove, con pezas novas non debería superar os 100.000 euros de prezo final. Ante o sentir xeneralizado dos socios polo sobreprecio injustificado do buque e a utilización de elementos ou pezas do barco que aparentaban ser usadas, o patrón maior da Confraría de Cambados decidiu formular unha querela criminal contra dous socios da entidade por calumnias e inxurias, e así calar calquera tipo de investigación, decisión que agora lle deixa en evidencia ao e á Consellería de Rosa Quintana ante a actuación da OLAF, de que devolvan todo o malversado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.